Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

A festa das Risas

Como en toda boa familia a Risa sempre acompañaba a diversión, pero houbo un día que desapareceron tódalas Risas de tódolos fogares, menos en un. A Risa de don Mandamás seguía xunto a el, esta acompañáballe todo o día, de aquí cara alá como a súa sombra. Todos envexaban a Mandamás, sempre tiña como compañeira á súa Risa. O oco que deixaran as Risas pronto o ocuparon dona Tristura e don Malhumorado que pegáronse como lapas á xente, pero inda que querían ser como a Risa non era o mesmo, xa o dicían os papás: "non é igual escoitar os chistes de Dona Tristura, teñen moi pouca graza". Por non falar de don Malhumorado sempre facía sen querer ou querendo, que se terminasen todas as festas, os momentos agradables, a ledicia...todo o estragaba coa sua visita, todos empezaban a querer que malhumorado liscase das súas vidas. Mandamás seguía a súa vida, sen decatarse de que todos, absolutamente tódolos fogares, íanse apagando sen as súas Risas, nada era igual de divertido nada tiña senti

O Gato boiño

Vouvos contar a historia do noso amigo o gato. Don gato todo o día pasaba horas arreglándose as uñas, peiteándose, lavándose, en fin poñéndose guapo para os seus amos, pensaba eu pero non, para quén se puña guapo o gato era para o gato -cómo??? preguntarédesme. Non entendemos ben, o gato se puña guapo para o gato? -pois sí, púñase guapo para si mesmo porque Don Gato era moi listo e dicía o primeiro que lle tes que gustar e "a ti, a ti mesmiño"  e levaba razón. Os seus amigos non daban crédito, como se podía ser tan presumido, mesmo parecía que o gato estaba namorado del mesmo, e non se equivocaban porque o gato se encantaba, gustábanlle as suas patas, os seus bigotes, os seus olliños, gustáballe todo del e esto notábase, e esto o transmitía a todos cos seus andares seguros e firmes. Nada o apartaba da idea de que se estás ben contigo mesmo o estarás cos demáis, e que se aceptas os teus "defectos" como virtudes, estes por arte de maxia desaparecen porque nun intre pa

A Revolución das abellas

Estaba xa moi farta de escoitar "traballas como unha formiga", e eso sempre significaba que eras un bo traballador, previsor, metódico, eficaz, pero nunca escoitei a ninguén "traballas como unha abella", e as abellas traballamos moitísimo, somos ordenadas, eficaces, rápidas, sí dirás, como as formigas, pois case que mellor nós, xa que traballamos polos aires, coidamos da nosa terra. Elas as formigas fanse refuxios para vivir lonxe de todos, sen lugar a dubidas o seu traballo e moito máis sinxelo, e inda así reciben premios... repito, as abellas traballamos mellor e temos moitos máis riscos. Xa levaba un bo rato mentras voaba cara a colmea co run- run na cabeza, ían darlle un premio a todo o formigueiro do pobo e a colmea das abellas nada. Sempre pensara que as formigas tan estilosas e vestidas de negro resultaban máis coquetas que as abellas que coas suas cores rechamantes como que non encaixaban na función. Era unha verdadera inxustiza, tódolos  anos o mesmo, a mes

A Oca que non quería crecer

Tras os pasos da súa nai andaba todo o día o poliño de oca, se a nai oca ía arriba, él ía arriba e se baixaba, pois él tamén baixaba. A mamá oca o principio cando era un pequeno agradecía telo pretiño, tiña moitas cousas que ensiñarlle e inda non estaba preparado para bulir soiño polo campo, pero os días pasaban, os meses botábanse enriba e o poliño cada vez máis grande seguía pegadiño a sua nai, graznando todo o día "que si mamá esto, que si mamá aqueloutro", por non falar do medo que tiña a todo o que lle rodeaba, que se acercaba un pato, pois presuroso metíase baixo a ala de mamá oca, que viña a galiña pois correndo outra vez a esconderse. A nai do poliño estaba desesperada, non había forma de que poliño fixese as cousas soiño, xa era ben maior e seguía insistindo en ser pequeno, o que lle pasaba a poliño era que non quería crecer, digocho eu que ía ser iso pero día que pasaba, máis grande se facía e esconderse na ala da nai cada vez resultaba máis complicado, inda que a é

A Boda na Selva

Había unha festa no bosque, todos foron convidados, todos, excepto o León que ao decatarse moi enfadado e cheo de ira marchouse moi lonxe, sentiuse a ovella negra do bosque. Os animais non querían contar coa sua presenza na festa, o león era un pouco problemático sempre o quería todo para él, de cando en cando compartía algo pero rara vez, por non falar do seu carácter, gruñón e enfadadizo, asustaba a todos cos seus berros e mal xenio. Quen querería a alguén así nunha festa? A verdade os animais estiveron de acordo en apartalo da celebración, non querían que ninguén estragase este momento feliz, ademais o león adoitaba estar só e seguro que non lle importaría, iso pensaron eles, porque ao león afectáralle moitísimo, él non se daba conta de que o seu comportamento non gustaba e sempre os sentira como amigos, pero que amigo non conta contigo para unha celebración?. Ninguén se decatou da sua partida, Don León era desas persoas que fan pouco ruído cando están ao teu carón. É certo que algu

O Carnaval do Bosque

Aqueles animais nunca souberon o que significaba disfrazarse, só coñecían os disfraces do camaleón e as artimañas da flor carnívora. Alí estaban os homes divertíndose e moitos disfrazábanse deles, a vaca non lle gustaba nadiña iso, ninguén mostraba a sua fermosura en grasas, aos cans tampouco gustaballes que fosen a duas patas, haberase visto. -Pero o carnaval é así, dixo o mono -Por qué non nos disfrazamos nós deles? Dixo o can -No, nin de broma que son feos. Enfadouse a vaca -Veña, da o mesmo, imos  rirnos un pouco. Dixo o mono moi ledo. Todos puxeron a maior ansia nelo. A vaca comprouse unha faixa, o camaleón un traxe, o can corbata, todos estaban estupendos disfrazados de humáns pero o que mellor ía vestido, era o mono, tanto que as veces, os páxaros asustábanse, os cervos bulían presurosos e os cans acercábanse a él, pensando que era o seu amo. Teríades que ver o mono que estirado andaba, moi orgulloso do seu estupendo disfraz, así que, non o pensou nin dous veces e decidiu baixar

Beizos que contan os bicos

  ¿ Cantos bicos terán contado os teus beizos? Bicos de sal, de area, de pedra...de vento e de fogo.  Haiche bicos que contan e bicos que olvidar. Cada un, coa sua forma e cor, cada un, formando parte dunha interminable lista de recordos. Temos os que saen de dentro e os que non dín nada, os que te roban e os que regalas, os da familia,  os da amizade, os dos reencontros, os do amor, os olvidados... E despois están os outros, eses que marcan a alma, eses que teñen sabor.

Extráñote

Como marcan as partidas, esas que ves vir e tentas asumir pero nunca encaixas de todo, esas que crees un mal sono e convértense nun pesadelo. Como doe a pérdida, o duelo, a tristeza de saber que non vou volver escoitar a túa voz, sentir as túas pertas, as túas risas... Que triste é aprender que todo empeza e acaba, que nacemos e irremediablemente morremos, algúns tranquilos, outros coma ti, sen querelo. Qué pena non vivir máis momentos,  charlando, rindo, rindo a gargalladas  e ás veces chorando. Q ué duro é asumir a túa falta!. Hoxe síntome un pouco nena, teño ganas de sentar no teu regazo,  de dicirche tódolos te quero que quedaron reservados, tódolos te estimo que me esquecín, por non atopar momento. Hoxe sei que non has de esperar a dicir:  quérote! que non has de deixar para máis tarde,  unha perta ou bico. Hoxe quero dicir:  Vive, goza, saborea!  porque a vida non regala momentos,  véndeos o mellor postor.

Pequena Tartaruga quere ir a Lúa

FOTO DE FACTOIDES Nova sección, colaborando con contos para nenos! en GALICIA CON NIÑOS Ola son Lenda! A partir de agora formarei parte dos soños dos máis pequenos, adornarei as súas noites con contos que pretendan transmitir algunha que outra ensinanza. Serán contos activos e participativos, cada un deles terán continuidade en vós porque o bonito de ler xuntos, é compartir intres. Soñemos xuntos, cremos un mundo feito a medida, un mundo no que todo o bo floreza e no que o mellor sentimento sexa o rei. Cada conto dará pé a que coñezamos un pouquiño máis aos nosos nenos, por iso seremos moi discretos serán eles os que falen, non seremos nós os que bombardearemos a preguntas, todo ten o seu momento e este non se forza. Debemos ser mestres, é dicir, como cun barco ser o seu faro pero non o timón, eles son os donos do barco, nós podemos dar pistas para que non se dean contra as rocas pero se o fan, volverán á boia, niso consiste crecer en saber manexar un barco na calma e na tempestade.

O primeiro día na escola do Mar

Que difícil é ser mestre? pensei A clase estaba revolucionada, os pequenos corrían de aquí, cara alá, foran unhas vacacións estupendas e ben merecidas para calquer pequeno pececillo e para os que non eran pececillos, tamén. Volver coller o ritmo das clases, ía ser algo complicado. Dona Delfín parecía tranquila, sempre un sorriso debuxaba a súa cara e era moi comprensiva con todos, cruzada de brazos esperaba a que quizais, despois dun intre cansasemos, todos sabíamos que non sería así, tiñamos demasiada enerxía e esta quería seguir saltando, bailando, correndo, voando...en fin, ser neno non cansa. Debía facer todo o posible para que a súa voz resultásenos todo o agradable que pode ser, volver ás normas e ao estudo, sabía que o mellor para captar a nosa atención era achegarse ás nosas mentes de maneira divertida, así todo iría sobre aletas e a verdade, nese sentido, era a mellor mestra do mundo. Por fin vendo que era o momento adecuado, dixo en voz firme e pausada: -Nenos! A sentar, temo