Saltar ao contido principal

A Boda na Selva

Había unha festa no bosque, todos foron convidados, todos, excepto o León que ao decatarse moi enfadado e cheo de ira marchouse moi lonxe, sentiuse a ovella negra do bosque.


Os animais non querían contar coa sua presenza na festa, o león era un pouco problemático sempre o quería todo para él, de cando en cando compartía algo pero rara vez, por non falar do seu carácter, gruñón e enfadadizo, asustaba a todos cos seus berros e mal xenio. Quen querería a alguén así nunha festa? A verdade os animais estiveron de acordo en apartalo da celebración, non querían que ninguén estragase este momento feliz, ademais o león adoitaba estar só e seguro que non lle importaría, iso pensaron eles, porque ao león afectáralle moitísimo, él non se daba conta de que o seu comportamento non gustaba e sempre os sentira como amigos, pero que amigo non conta contigo para unha celebración?.
Ninguén se decatou da sua partida, Don León era desas persoas que fan pouco ruído cando están ao teu carón. É certo que algunha que outra vez tentarán xogar con él pero era tan distinto que os seus xogos non gustaban a ninguén, a verdade os animais non entendían ao león e tampouco se esforzaron en tentalo.


Houbo un momento que sentiron un gran ruxido o lonxe, déronse conta que quizais o seu amigo necesitaba axuda e lles apenou ser os causantes dos seus males, non foran xustos e tiveron grandes remordos. Todos buscaron a Don león pero foi inútil "ao León tragárao a terra". Entón a pena alagou o bosque e todos os animalitos comezaron a chorar. Decidiron que non habería festa, non sería o mesmo sen a presenza de Don León o botaban en falta, era verdade eso que decía sempre o lobo,


"non sabes o que tes ata que o perdes".


Meses despois cando case se esqueceran do seu amigo, unha invitación conxunta chegou o seu bosque:


Don Leoncio ten o gusto de convidarlles á súa voda


Todos moi alegres comezaron a imaxinarse como sería a muller de Don Leoncio, puxéronse as suas mellores galas e decidiron emprender camiño á ese lugar chamado Selva, alí sería onde se celebraría o gran compromiso.
O camiño foi longo pero chegaron moi pronto porque estaban desexosos de ver ao seu vello amigo e de ter a conversación pendente, esa conversa que tantas veces ensaiaran, esa que empeza cunha desculpa e termina cun quérote.
Ao chegar á selva todo era ledicia. Animais de rechamantes cores déronlles a benvida con cánticos que nunca escoitaran, non saían do seu asombro, qué lugar tan bonito, mesmo parecía que alí habitaba a maxia, quedaban coa boca aberta cada vez que un novo amigo de Don León presentábase, algúns mesmo parecían xigantes.



Alí no medio da selva estaba Don Leoncio cun gran sorriso, nunca o viran tan feliz e ao seu lado un animal non tan peludo e corpulento pero moi parecido a él, sería a sua muller?.
Don Leoncio saúdoulles cortésmente, fixo as presentacións con moito agarimo, Leoncia miráballe con grandes ollos de namorada, nese momento os animais do bosque se decidiron a pedir desculpas polo seu comportamento, diante de todos, estaban moi arrepentidos. Don Leoncio non dixo nada só miroulles con compaixón para él seguían sendo os seus amigos, sabía perdoar.  Deuse conta que os amigos, ás veces pódense trabucar e non por iso deixan de ser amigos.


Era feliz, os seus novos amigos souberan gañarse o seu corazón, non tentaran cambialo, iso era algo que só podería facer él se quería, non lles importaban as suas manias ou carácter porque era algo que formaba parte da sua personalidade e sería o tempo e a paciencia o encargado de ir dulcificándoo.



Os seus novos amigos non cuestionaban os seus momentos de silencio ou as suas huídas a lugares que só eran para él, respetábano e dábanlle o seu espazo, non como algo forzado senón porque lles saía do corazón. Molestáronse en interesarse en cales eran as súas motivacións e intereses e é así, como o León sentiuse no seu lugar, na súa casa e é así entendeu que hai amigos cos que nos gusta estar máis que con outros e non por iso deixan de ser amigos, hai moitos tipos de amizade e así explicoullo aos seus amigos do bosque, compartimos momentos xuntos e eses lembrareinos sempre pero deime conta que a amizade é moito máis, é comprensión e dar o mellor dun e isto atopeino cos meus amigos da selva.


Os animais do bosque comprenderon as súas palabras porque sabían que nunca tiveron a chave que abrise o seu corazón, nin sequera buscárona. Entenderon que a única razón da invitación do león fora, facerlles participes da súa alegría, como parte que foran da sua vida e sentironse felices porque él era moi feliz. Mirando ao seu ao redor déronse conta do diferentes que eran os seus novos amigos e comprenderon que él alí era o rei.
Don León e Leoncia tiveron unha espectacular festa. A voda terminou á noitiña despois dun gran banquete e unha divertida festa. Todos entenderon que o máis bonito era ser capaces de convivir aínda que fosen tan distintos, decidiron coñecerse moito máis, así que, fixeron un festival no que representarían dúas obras ben distintas pero cada unha delas especiais para representar tan distintas vidas.


O bosque encantado e o Libro da Selva, cal das dúas gañaría?



Don mono era o director dos animais da Selva e dona esquio a directora dos do bosque.
Primeiro tocoulle a quenda aos animais da selva, os crocodilos, as serpes, os elefantes..difícil superar a tan grandes actores. Pero os animais do bosque lograron facerse un oco coas súas interpretacións o bufo, o lobo, os coellos,..todos puxeron o mellor de sí para que a obra fose todo un éxito.
Houbo un empate en aplausos porque ambas obras souberan recoller moi ben os sentimentos de cada un deles.
Á mañá seguinte os animais do bosque comprenderon que aquel lugar era a casa do León e xamais ninguén lograría que a deixase, alí tiña aos seus verdadeiros amigos, era un animal da Selva e como o querían de verdade, despedíronse moi ledos de velo feliz e invitaron a todos a próxima festa, esta vez sería no bosque e don León o convidado especial.



Recorda



Mira cos ollos do corazón e acepta que todos somos ben distintos,


esto e o que máis nos enriquece como persoas.



Convivir todos xuntos e o máis bonito e divertido do mundo



Nesta vida e máis feliz o que coida ben dos amigos!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

A festa das Risas

Como en toda boa familia a Risa sempre acompañaba a diversión, pero houbo un día que desapareceron tódalas Risas de tódolos fogares, menos en un. A Risa de don Mandamás seguía xunto a el, esta acompañáballe todo o día, de aquí cara alá como a súa sombra. Todos envexaban a Mandamás, sempre tiña como compañeira á súa Risa. O oco que deixaran as Risas pronto o ocuparon dona Tristura e don Malhumorado que pegáronse como lapas á xente, pero inda que querían ser como a Risa non era o mesmo, xa o dicían os papás: "non é igual escoitar os chistes de Dona Tristura, teñen moi pouca graza". Por non falar de don Malhumorado sempre facía sen querer ou querendo, que se terminasen todas as festas, os momentos agradables, a ledicia...todo o estragaba coa sua visita, todos empezaban a querer que malhumorado liscase das súas vidas. Mandamás seguía a súa vida, sen decatarse de que todos, absolutamente tódolos fogares, íanse apagando sen as súas Risas, nada era igual de divertido nada tiña senti

A Revolución das abellas

Estaba xa moi farta de escoitar "traballas como unha formiga", e eso sempre significaba que eras un bo traballador, previsor, metódico, eficaz, pero nunca escoitei a ninguén "traballas como unha abella", e as abellas traballamos moitísimo, somos ordenadas, eficaces, rápidas, sí dirás, como as formigas, pois case que mellor nós, xa que traballamos polos aires, coidamos da nosa terra. Elas as formigas fanse refuxios para vivir lonxe de todos, sen lugar a dubidas o seu traballo e moito máis sinxelo, e inda así reciben premios... repito, as abellas traballamos mellor e temos moitos máis riscos. Xa levaba un bo rato mentras voaba cara a colmea co run- run na cabeza, ían darlle un premio a todo o formigueiro do pobo e a colmea das abellas nada. Sempre pensara que as formigas tan estilosas e vestidas de negro resultaban máis coquetas que as abellas que coas suas cores rechamantes como que non encaixaban na función. Era unha verdadera inxustiza, tódolos  anos o mesmo, a mes