Saltar ao contido principal

Extráñote

Como marcan as partidas, esas que ves vir e tentas asumir pero nunca encaixas de todo,


esas que crees un mal sono e convértense nun pesadelo.



Como doe a pérdida, o duelo, a tristeza de saber que non vou volver escoitar a túa voz,


sentir as túas pertas, as túas risas...



Que triste é aprender que todo empeza e acaba, que nacemos e irremediablemente morremos,


algúns tranquilos, outros coma ti, sen querelo.




Qué pena non vivir máis momentos, charlando, rindo, rindo a gargalladas 


e ás veces chorando.


Qué duro é asumir a túa falta!.


Hoxe síntome un pouco nena, teño ganas de sentar no teu regazo,


 de dicirche tódolos te quero que quedaron reservados,


tódolos te estimo que me esquecín, por non atopar momento.


Hoxe sei que non has de esperar a dicir: quérote!


que non has de deixar para máis tarde, unha perta ou bico.


Hoxe quero dicir: Vive, goza, saborea! 


porque a vida non regala momentos, véndeos o mellor postor.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

A festa das Risas

Como en toda boa familia a Risa sempre acompañaba a diversión, pero houbo un día que desapareceron tódalas Risas de tódolos fogares, menos en un. A Risa de don Mandamás seguía xunto a el, esta acompañáballe todo o día, de aquí cara alá como a súa sombra. Todos envexaban a Mandamás, sempre tiña como compañeira á súa Risa. O oco que deixaran as Risas pronto o ocuparon dona Tristura e don Malhumorado que pegáronse como lapas á xente, pero inda que querían ser como a Risa non era o mesmo, xa o dicían os papás: "non é igual escoitar os chistes de Dona Tristura, teñen moi pouca graza". Por non falar de don Malhumorado sempre facía sen querer ou querendo, que se terminasen todas as festas, os momentos agradables, a ledicia...todo o estragaba coa sua visita, todos empezaban a querer que malhumorado liscase das súas vidas. Mandamás seguía a súa vida, sen decatarse de que todos, absolutamente tódolos fogares, íanse apagando sen as súas Risas, nada era igual de divertido nada tiña senti

A Boda na Selva

Había unha festa no bosque, todos foron convidados, todos, excepto o León que ao decatarse moi enfadado e cheo de ira marchouse moi lonxe, sentiuse a ovella negra do bosque. Os animais non querían contar coa sua presenza na festa, o león era un pouco problemático sempre o quería todo para él, de cando en cando compartía algo pero rara vez, por non falar do seu carácter, gruñón e enfadadizo, asustaba a todos cos seus berros e mal xenio. Quen querería a alguén así nunha festa? A verdade os animais estiveron de acordo en apartalo da celebración, non querían que ninguén estragase este momento feliz, ademais o león adoitaba estar só e seguro que non lle importaría, iso pensaron eles, porque ao león afectáralle moitísimo, él non se daba conta de que o seu comportamento non gustaba e sempre os sentira como amigos, pero que amigo non conta contigo para unha celebración?. Ninguén se decatou da sua partida, Don León era desas persoas que fan pouco ruído cando están ao teu carón. É certo que algu