Saltar ao contido principal

O Carnaval do Bosque

Aqueles animais nunca souberon o que significaba disfrazarse, só coñecían os disfraces do camaleón e as artimañas da flor carnívora.

Alí estaban os homes divertíndose e moitos disfrazábanse deles, a vaca non lle gustaba nadiña iso, ninguén mostraba a sua fermosura en grasas, aos cans tampouco gustaballes que fosen a duas patas, haberase visto.

-Pero o carnaval é así, dixo o mono

-Por qué non nos disfrazamos nós deles? Dixo o can

-No, nin de broma que son feos. Enfadouse a vaca

-Veña, da o mesmo, imos  rirnos un pouco. Dixo o mono moi ledo.

Todos puxeron a maior ansia nelo. A vaca comprouse unha faixa, o camaleón un traxe, o can corbata, todos estaban estupendos disfrazados de humáns pero o que mellor ía vestido, era o mono, tanto que as veces, os páxaros asustábanse, os cervos bulían presurosos e os cans acercábanse a él, pensando que era o seu amo.

Teríades que ver o mono que estirado andaba, moi orgulloso do seu estupendo disfraz, así que, non o pensou nin dous veces e decidiu baixar a cidade e participar da festa dos humáns, ninguén se daría conta, era un disfraz perfecto, non lle faltaba detalle.

Era xa moi de noite e alí estaban os homes pasandoo de marabilla e pouco a pouco, foise misturando entre a multitude, brincando e bailando entre toda a xente que ali estaba reunida.

Todo era ledicia e él estaba encantado o estaba pasando xenial pero cando mellor o estaba pasando deuse conta que un rapaz loiro mirabao fixamente, como quen quere saber o que pensas e acercouse a él, moi amodiño sen presas.

O mono empezou a tremer, seguro que o descobrera aquel neno, seguro que o botaría da festa por animal, o mono chegara demasiado lonxe, os humáns creíanse superiores e él non podería participar da sua festa. Nunca invitaban os animais a ningunha. Sí o sei, era moi inxusto o mono comportárase ben en todo momento, fora educado e complacente pero daba o mesmo, os humáns pensaban que os animáis non tiñan dereitos e él non se podía saltar as regras así.

O mono sempre pensará que se falaran os animais, todo sería ben distinto, inda que a gata lle dixera que se lembrase da sua prima mona, a ela ensinaranlle a lingua dos signos e nada cambiara, e por unha parte tiña algo de razón.

O mono sentiu medo, seguro que o botarían da festa con moi malas formas, non era a primeira vez que comprobará a crueldade humán, o seu primo o habían capturado e o encerraran nunha carcere que chamaban "zoo", a doña elefanta secuestrárana e a tiñan a traballar todo o día nun lugar chamado "circo", por non falar da malleira que recibira o can por coller comida cando tiña fame ou o sufrimento dos seus amigos os touros no que eles chamaban "festa".

Qué podía facer o mono? o triste e que xa non podía facer nada, cada vez acercábase máis, xa estaba o seu carón.

O mono pensou pedir piedade, gritar axuda, con sorte algún amigo o escoitaría pero era demasiado tarde o neno estaba fronte del e non lle quitaba ollo.

Pero os milagres existen o neno sorríu, sí sorríu e dixo a palabra máxica, amigo, non o podía creer, amigo???. Qué ledicia! o mono dibuxou un sorriso grande e iluminou toda a festa de punta a punta, como quen prende as luces na noite, unha marabilla, de verdade, teríades que velo.

-Imos?? dixo o rapaz

-Pois imos, pensou o mono, pero onde? non sabía falar, así que, asentíu coa cabeza e foi detrás do neno, non podedes imaxinar o festín o que foi invitado, non daba crédito, todos xogando xuntos o seu sono feito realidade, animais e humáns xuntos como amigos, formando parte dun momento que pasará a historia.

Despois de estar de esmorga case tres horas chegou o intre crítico, o neno rubio fitou para él e preguntoulle a hora o mono.

Entón o mono deuse a volta e moi triste pensou

-Qué magoa non ter reloxo!

 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

O Gato boiño

Vouvos contar a historia do noso amigo o gato. Don gato todo o día pasaba horas arreglándose as uñas, peiteándose, lavándose, en fin poñéndose guapo para os seus amos, pensaba eu pero non, para quén se puña guapo o gato era para o gato -cómo??? preguntarédesme. Non entendemos ben, o gato se puña guapo para o gato? -pois sí, púñase guapo para si mesmo porque Don Gato era moi listo e dicía o primeiro que lle tes que gustar e "a ti, a ti mesmiño"  e levaba razón. Os seus amigos non daban crédito, como se podía ser tan presumido, mesmo parecía que o gato estaba namorado del mesmo, e non se equivocaban porque o gato se encantaba, gustábanlle as suas patas, os seus bigotes, os seus olliños, gustáballe todo del e esto notábase, e esto o transmitía a todos cos seus andares seguros e firmes. Nada o apartaba da idea de que se estás ben contigo mesmo o estarás cos demáis, e que se aceptas os teus "defectos" como virtudes, estes por arte de maxia desaparecen porque nun intre pa

Haiche días rosas

Hoxe é un día rosa, deses que marcan, deses nos que riscar unha cruz mesmo parece obrigado. Moitas mulleres están en loita, érguense, respiran e proseguen e esto o fano tódolos días, tódolos días, tódolos días.... Haiche días nos que gritas “confianza no mañá” no que as palmadiñas só valen para coller impulso e retomar a loita, inda con máis gañas e forza. Un día no que un lazo rosa vai máis alá do rosa e ata máis que lacea. Un lazo que conta a historia das que tiveron sorte, das que non tiraron a toalla, das que nunca se rinden e das que dan exemplo coa sua victoria. Pedimos máis empatía para a que o sofre, máis axudas para a que traballa dentro ou fora da casa, máis apoio para que loita soa…ou acompañada. Pedimos máis porse na pel doutro, máis sentir, máis querer estar cerca… Aproveitamos e tamén pedimos que os lazos veñan cargados de máis medios, de máis axuda o que investiga  e máis apoio para a que loita. Loitadoras, loitemos!!