Saltar ao contido principal

O Gato boiño

Vouvos contar a historia do noso amigo o gato.


Don gato todo o día pasaba horas arreglándose as uñas, peiteándose, lavándose, en fin poñéndose guapo para os seus amos, pensaba eu pero non, para quén se puña guapo o gato era para o gato

-cómo??? preguntarédesme. Non entendemos ben, o gato se puña guapo para o gato?

-pois sí, púñase guapo para si mesmo porque Don Gato era moi listo e dicía o primeiro que lle tes que gustar e "a ti, a ti mesmiño" e levaba razón.

Os seus amigos non daban crédito, como se podía ser tan presumido, mesmo parecía que o gato estaba namorado del mesmo, e non se equivocaban porque o gato se encantaba, gustábanlle as suas patas, os seus bigotes, os seus olliños, gustáballe todo del e esto notábase, e esto o transmitía a todos cos seus andares seguros e firmes.

Nada o apartaba da idea de que se estás ben contigo mesmo o estarás cos demáis, e que se aceptas os teus "defectos" como virtudes, estes por arte de maxia desaparecen porque nun intre pasarán a convertirse en únicos, en teus, na diferencia que fai que ti sexas ti e non outro.

Don gato non era o máis guapo do barrio, e qué? era don gato. Non era nin o máis alto, nin o máis forte, e qué? era don gato e era o millor. Non había outro igual que él, tiña un gran soriso que sacaba a pasear tódolos días sen excepción. Tiña uns andares que facía tan seus que nin os modelos das millores pasarelas.

Don gato "o boiño" era o mellor, grazas a sua confianza, e tanto era así, que pouco a pouco todos empezaron a ver a Don gato, como o máis alto o máis listo e forte porque él así o sentía e facía que o sentisen os demáis.

A sua confianza traspasou as fronteiras dos que nunca pensaron que don gato fose coma él pensaba. ¿Sabedes por qué? Pois porque cando un cree nun mesmo, ninguén pode facer que se sinta mal.

Se te encontras ben contigo mesmo a xente o percibe, trasmites alegría e seguridade e eso a larga cala e proporciona un escudo de ledicia.




Don Gato o boiño, comenzou a facer que no mundo todos se quisesen de verdade, coas suas imperfeccións perfectas porque eso é o que nos fai únicos, dicía. Empezou a dar conferencias para outros animais e sempre, sempre as empezaba así:

Ser distintos é o máis bonito dos regalos, temos que saber que ser baixiños, moi altos, gordos ou delgados é o que nos faí a cada un especial e quen non o aprecie non precisa da nosa marabillosa compañía, non credes? qué non os quite o sono!



E eu añado co permiso de Don Gato, craro, nen tampouco precisan da nosa atención. Os amigos valorante como es e non se quedan no envoltorio que a fin de contas e o que menos valor ten, a cabeciña e o teu corazón e o máis bonito regalo que aportamos os demáis e quen non o entenda, non merece ser escoitado.



E así día tras día Don gato empezou a dar os mellores consellos a todo aquel que se lle acercaba.Comenzou a ensinar a valorar o que ten importancia, a vivir feliz cun mesmo que a fin de contas e con quen estás a todas horas ;) comenzou a por deberes diarios

Diante dun espello, piropeate


Mímate todo o día


Baila e canta a demanda


e sobre todo


Rí.. como mínimo 100 veces o día


E así todos, absolutamente todos, sentíronse tan ben consigo mesmo que decidiron casarse co seu Yo máis bonitiño


e viviron felices para sempre.



E moi sinxelo facer da tua vida un conto feliz e o primeiro dos pasos e quererse a un mesmo


o demáis terás que conseguilo con esforzo e ilusión,


o Gato Boiño sempre dí,


se queres podes, SE QUERES PODES.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

A festa das Risas

Como en toda boa familia a Risa sempre acompañaba a diversión, pero houbo un día que desapareceron tódalas Risas de tódolos fogares, menos en un. A Risa de don Mandamás seguía xunto a el, esta acompañáballe todo o día, de aquí cara alá como a súa sombra. Todos envexaban a Mandamás, sempre tiña como compañeira á súa Risa. O oco que deixaran as Risas pronto o ocuparon dona Tristura e don Malhumorado que pegáronse como lapas á xente, pero inda que querían ser como a Risa non era o mesmo, xa o dicían os papás: "non é igual escoitar os chistes de Dona Tristura, teñen moi pouca graza". Por non falar de don Malhumorado sempre facía sen querer ou querendo, que se terminasen todas as festas, os momentos agradables, a ledicia...todo o estragaba coa sua visita, todos empezaban a querer que malhumorado liscase das súas vidas. Mandamás seguía a súa vida, sen decatarse de que todos, absolutamente tódolos fogares, íanse apagando sen as súas Risas, nada era igual de divertido nada tiña senti