Saltar ao contido principal

O primeiro día na escola do Mar

Que difícil é ser mestre? pensei

A clase estaba revolucionada, os pequenos corrían de aquí, cara alá, foran unhas vacacións estupendas e ben merecidas para calquer pequeno pececillo e para os que non eran pececillos, tamén.

Volver coller o ritmo das clases, ía ser algo complicado.

Dona Delfín parecía tranquila, sempre un sorriso debuxaba a súa cara e era moi comprensiva con todos, cruzada de brazos esperaba a que quizais, despois dun intre cansasemos, todos sabíamos que non sería así, tiñamos demasiada enerxía e esta quería seguir saltando, bailando, correndo, voando...en fin, ser neno non cansa.

Debía facer todo o posible para que a súa voz resultásenos todo o agradable que pode ser, volver ás normas e ao estudo, sabía que o mellor para captar a nosa atención era achegarse ás nosas mentes de maneira divertida, así todo iría sobre aletas e a verdade, nese sentido, era a mellor mestra do mundo.

Por fin vendo que era o momento adecuado, dixo en voz firme e pausada:

-Nenos! A sentar, temos moitas cousas que partillar e aprender.

Sempre sabía buscar as palabras xustas para que a atención pesase máis que os xogos, dona Delfín adoitaba dicir que para ela eramos todos os anos, novos retos e que o que máis lle gustaba era sacar o mellor de cada un de nós e isto, a verdade, era de agradecer.

Todos quedaron vendo para a mestra e fixeron o propio, sentar porque unha persoa que adica con tanto agarimo o seu tempo para ensinar, debía ser máis que un heroe ao que admirar e seguir.

Fíxose o silencio e dona Delfín empezou a pasar lista un a un, que cambiados estabamos todos, o verán acelerara o noso ritmo pero tamén o noso crecemento, Peixe Espada, Anguía, Balea...ata Navalla, todos habíamos metamorfoseado e converteramonos nunhas personiñas maiores, os nosos corpos cambiaron, agora eramos máis altos, máis guapos, máis listos.. Ah! Aínda non me presentei, chámome polbiño e a verdade direivos unha cousa, non notaba moito os cambios en min, quizais é que me vía pouco no espello ou que non se notan moito os cambios nun mesmo, igual era iso, Lura comentáramo pero Lura era un deses amigos que sempre che dí o que queres oír, pero tamén mo dixera Ollomol e del críamo máis porque parecía sorprendido co que crecera.

Aí estabamos todos sentados e tanto silencio fíxome pensar, que distintos somos, a qué sí? diferentes miradas, corpos, formas de ser pero que marabillosos somos cada un, gústame que sexamos distintos, non me gustaría que todos fósemos polbos, sería moi aburrido.

Fixándome máis nos meus amigos doume conta de que cada un de nós parecémonos aos nosos papás, non é algo que elixamos e é algo que debemos entender e sobre todo querer, somos un froito do agarimo e isto é precioso.

Ás veces vexo que algúns dos meus amigos, senten mal, non lles gusta como son, sempre me preguntei por qué, Anguía ás veces escápase porque lle chaman escuchimizada quizais sexa iso, os demais fan que non se guste pero é perfecta tamén Balea sempre está algo triste e ás veces chora porque Navalla chámalle gordo, pero non debe porse triste, él é balea e é precioso, é forte e aínda que pesa máis que eu, é áxil e gracioso. Balea é como son os seus papás porque estar triste entón, xa cambiaremos, que máis dá o que pense Navalla ou amigos como Navalla, témonos que aceptar tal e como somos, somos os mellores.

Este ano vou cambiar as cousas, falarei con todos os meus amigos non permitiremos ningún de nós que Anguía ou Balea sufran máis coas bobadas de Navalla, seremos piña, todos distintos pero tan iguais, faremos do mar un bo lugar para vivir, e ti, tes algún navalla no cole? Non te preocupes agora direiche o que faremos nós na escola.

Dona Delfín comezou a clase

-Ola nenos, benvidos!. Hoxe como é o primeiro día de clase, imos partillar o ben que nolo pasamos estas vacacións.

Todos esperabamos a nosa quenda, desexosos de contar as nosas aventuras no mar? todos menos Navalla que trataba de esconderse detrás de Rape para que a mestra non o vise pero chegou a súa quenda e quedou moi calado e con mirada triste, nese momento dinme conta que o que máis enfadaba a Navalla, era non ser igual ca nós.

E sentín moita pena toda a súa ira envorcábaa na feliz Balea que gozaba cos seus papás no océano, estrañaba a súa felicidade esa era a razón, quería ser como ela. Vín a súa tristeza cando Anguía contou o ben que o pasara na roca familiar cos seus irmáns e familiares, e sabedes?, dinme conta de que Navalla tiña un gran problema, Navalla non tiña nada que contar, non tivera unhas vacacións como os demais, vivía sen agarimo, ninguén lle ensinaba o bonito que é un abrazo, só de pensalo todos os meus tentáculos puxéronse a tremer? sen abrazos, sen bicos, sen palabras bonitas como as que me din á min cada día. Cómo aprendes a querer, se non coñeces o amor?.

Dona Delfín sentiu que o estaba pasando mal e non lle preguntou máis, saltou a Vieira que empezou a relatar as súas múltiples aventuras e sentín aínda máis tristeza por Navalla.

A campá anunciaba o momento do recreo e o primeiro que se saíu da clase foi Navalla, como a quen lle queima o asento. Os demais fomos saíndo aos poucos de clase, partillando mil e unha aventuras, e lembrei o que unha vez dixéronme o meu pai e a miña nai, antes do meu primeiro día de cole e partilleino con todos os meus amigos

 

O PRIMEIRO EN PEDIR DESCULPAS, É O MÁIS VALENTE.


O PRIMEIRO EN PERDOAR, O MÁIS FORTE.


O PRIMEIRO EN ESQUECER O MÁIS FELIZ.


Entre todos darémoslle sentido a estas lindas frases aínda que recoñezo que nos custou un pouco porque Balea aínda seguía moi doído, o pasara moi mal, Navalla fora cruel e él nunca lle dera motivo e Anguía dicía que non o perdoaría xamáis, aínda que despois de utilizar os meus mellores argumentos, chegamos a un pacto:

TODOS NÓS, TENTARIÁMOLO.


Navalla estaba no recreo facendo das súas cos máis pequenos, así que, decidimos por fin ao seu mal comportamento con firmeza aínda que para iso utilizásemos comprensión, paciencia e agarimo en grandes doses porque Navalla, necesitábao, pero había que ter un aliado maior, non ía ser nada sinxelo. Quen podería facer que Navalla prestase atención? Claro, Dona Delfín axudaríanos. Felicitounos polo noso gran reto porque tamén era o dela e aconséllounos  ir, aos poucos, ao principio dende a distancia porque o agarimo ás veces doe, é unha sensación tan bonita que igual o desconcertaría, así que, día a día decidimos romper o muro que nos separaba, a que neno non lle gustan as palabras bonitas? a que neno non lle gusta xogar con amigos?

-Necesitamos a túa axuda es o máis listo, xogas es moi divertido?, apetéceche un cacho do meu bocadillo es o meu amigo...

E a semana todos acordamos dicirlle tódolos días, o que máis nos gustaba del, eramos unha verdadeira piña e cando insultaba a algún todos respondiámoslle con halagos, nada desconcerta máis que recibir boas palabras, no canto de ataques.

Cando se comportaba mal, non lle facíamos caso e nos defendíamos. Aos poucos, deuse conta que era máis divertido participar connosco, que atacarnos e isto era o que facía que se sentise realmente ben. Pasaron os meses e un día fixo as paces con Balea e Anguía, sen dúbida este foi o mellor día, por fin tiñamos un novo amigo Navalla, xa forma parte do noso gran grupo.

Teríades que ver o que cambiou, sí o sei, custou moito pero mereceu a pena, agora é él o que dí o que máis lle gusta de Balea e Anguía, este ano virá con cada un de nós de vacacións, serán as vacacións máis felices da súa vida, e as nosas claro.

Sabedes cales foron as tres palabras máxicas para que todo cambiase?


A primeira e máis importante


é a unión non debemos mirar a outro lado


A segunda a empatía,


para chegar ao fondo dun corazón, hai que poñerse no lugar doutro


e


A terceira e máis importante,


o amor, este é o motor que cambia o mundo.


PONLLE COR


DALLE VIDA A VIDA



(Bo intre para falar do Bullying)

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

A festa das Risas

Como en toda boa familia a Risa sempre acompañaba a diversión, pero houbo un día que desapareceron tódalas Risas de tódolos fogares, menos en un. A Risa de don Mandamás seguía xunto a el, esta acompañáballe todo o día, de aquí cara alá como a súa sombra. Todos envexaban a Mandamás, sempre tiña como compañeira á súa Risa. O oco que deixaran as Risas pronto o ocuparon dona Tristura e don Malhumorado que pegáronse como lapas á xente, pero inda que querían ser como a Risa non era o mesmo, xa o dicían os papás: "non é igual escoitar os chistes de Dona Tristura, teñen moi pouca graza". Por non falar de don Malhumorado sempre facía sen querer ou querendo, que se terminasen todas as festas, os momentos agradables, a ledicia...todo o estragaba coa sua visita, todos empezaban a querer que malhumorado liscase das súas vidas. Mandamás seguía a súa vida, sen decatarse de que todos, absolutamente tódolos fogares, íanse apagando sen as súas Risas, nada era igual de divertido nada tiña senti

A Revolución das abellas

Estaba xa moi farta de escoitar "traballas como unha formiga", e eso sempre significaba que eras un bo traballador, previsor, metódico, eficaz, pero nunca escoitei a ninguén "traballas como unha abella", e as abellas traballamos moitísimo, somos ordenadas, eficaces, rápidas, sí dirás, como as formigas, pois case que mellor nós, xa que traballamos polos aires, coidamos da nosa terra. Elas as formigas fanse refuxios para vivir lonxe de todos, sen lugar a dubidas o seu traballo e moito máis sinxelo, e inda así reciben premios... repito, as abellas traballamos mellor e temos moitos máis riscos. Xa levaba un bo rato mentras voaba cara a colmea co run- run na cabeza, ían darlle un premio a todo o formigueiro do pobo e a colmea das abellas nada. Sempre pensara que as formigas tan estilosas e vestidas de negro resultaban máis coquetas que as abellas que coas suas cores rechamantes como que non encaixaban na función. Era unha verdadera inxustiza, tódolos  anos o mesmo, a mes