Saltar ao contido principal

Pequena Tartaruga quere ir a Lúa

FOTO DE FACTOIDES

Nova sección, colaborando con contos para nenos! en GALICIA CON NIÑOS

Ola son Lenda!
A partir de agora formarei parte dos soños dos máis pequenos, adornarei as súas noites con contos que pretendan transmitir algunha que outra ensinanza.
Serán contos activos e participativos, cada un deles terán continuidade en vós porque o bonito de ler xuntos, é compartir intres.
Soñemos xuntos, cremos un mundo feito a medida, un mundo no que todo o bo floreza e no que o mellor sentimento sexa o rei.
Cada conto dará pé a que coñezamos un pouquiño máis aos nosos nenos, por iso seremos moi discretos serán eles os que falen, non seremos nós os que bombardearemos a preguntas, todo ten o seu momento e este non se forza.
Debemos ser mestres, é dicir, como cun barco ser o seu faro pero non o timón, eles son os donos do barco, nós podemos dar pistas para que non se dean contra as rocas pero se o fan, volverán á boia, niso consiste crecer en saber manexar un barco na calma e na tempestade. Son uns pequenos aprendices de mariñeiros que están a desexar navegar, deixemos que vivan e acompañemos a súa viaxe porque a vida é iso, subidas e baixadas, alegrías e tristezas...ensinemos o marabilloso que é vivir. E mentres nace a nova sección abrimos boca cun conto que é o punto de partida para a nosa gran historia xuntos

PEQUENA TARTARUGA QUERE IR A LÚA 


Hoxe foi un día duro para a pequena tartaruga nada saíu como él esperaba enfadouse co seu amigo e sentese moi mal, así que, mamá tartaruga terá un día un pouco triste á espera de que todo volva á calma. Non sabe moi ben que lle pasa ao seu pequeno ata que pequena tartaruga decídese a falar e dille que se quere ir á lúa.
-Non creo que sexa boa idea, Que che gustaría atopar na lúa?
-Sei firmemente que na lúa atoparei ao mellor dos amigos, ese que acotío estea ao meu lado, con el vivirei momentos inesquecibles, díxolle a pequena tartaruga á súa nai
Dona tartaruga estaba pampa como é posible que o seu pequeno necesitase irse tan lonxe para atopar un mellor amigo, quizais non fora capaz de valorar os que realmente estaban preto del. Tomó aire e pensou como podería sacar da cabeza do seu fillo esta idea tan desatinada, a lúa, era imposible.
Fitoulle aos ollos e díxolle:
-Non pode ser, síntoo, quizais o que me sucede é que temo perder eu ao meu mellor amigo, deixándoche correr esa aventura, quizais non poida vivir sen terche preto tódolos días ou igual o que me sucede é que verche crecer tan rápido fai que me dea conta de que eu envellezo tamén demasiado rápido.
A pequena tartaruga escoitou atentamente as razóns da súa nai e deuse conta de que se cadra era un camiño demasiado longo e difícil para buscar un amigo. Respirou fondo e deuse conta de que a solución non era irse lonxe senón achegarse e buscar máis.
-Nai, ás veces resúltame difícil encaixar, algún dos meus amigos non son como eu e por momentos sintome algo distinto, faime sentir mal e síntome só.
Mamá Tartaruga era todo oídos, Cómo era posible? nunca lle notara triste e a relación cos seus amigos sempre fora cordial, quizais non profundizara na relación que o seu pequeno tiña cos seus amigos e dedicouse só a valorar se había pelexas ou discusións e como estas non existían, todo estaba ben.
Mamá tartaruga esquecera algo moi importante, pequena tartaruga estaba a crecer máis rapidamente do que se esperaba e necesitaba moito máis, a partir de agora sería todo oídos.
Mamá tartaruga miroulle directamente aos ollos como quen quere ver máis aló, como aquel que con mimo pretende tocar o corazón do seu fillo e díxolle
- Pequena tartaruga fareiche unha pregunta, dixo a nai. Pero só poderás contestala con tres verbas, Que esperas dos demais?.
Fíxose o silencio, era unha pregunta moi importante, miráronse novamente aos ollos e unha voz pequeniña saíu irrompendo o silencio
-Amor, lealdade, comprensión
A nai sentiuse alagada por ese sentimento de orgullo que todas as mamás acariciamos tódolos días.
-Lindas palabras e lindo o que cada unha delas encerra, díxolle.
Pois che direi unha cousa, se pides iso aos demais, ti debes facer o propio e cumprilas. Cómo quererás a un mellor amigo, se pensas en abandonar os amigos que tes?. Cómo podes pedir lealdade, cando ti non es leal?. Cómo buscas comprensión, cando non te paras a comprender por qué non valoras o que tes?.
Pequena tartaruga quedou pensando o que lle dicía a súa nai,
-A xente precisa tempo para coñecernos, asentiu a nai.
Mamá tartaruga aproveitou que o seu fillo estaballe a dar voltas á cabeza e pregúntolle
-Cómo desexas que sexa un amigo?
Pequena tartaruga entendeu que non podía pedirlle á xente que fose como él quería que fosen porque todos actuamos de distinta maneira e ninguén pode actuar como a nós gustaríanos.
Mamá tartaruga sentou ao seu lado e deulle un forte abrazo, todos somos distintos, terás amigos cariñosos, outros aos que non lles ensinaron a selo pero realmente o que tes que valorar é que cando os necesitas axúdanche, eses son os verdadeiros amigos, os que che queren e fante feliz, estes son os mellores amigos, e eses aparecen sempre, non tes que buscalos.

(Bo intre para falar das relacións cos amigos)

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

O Gato boiño

Vouvos contar a historia do noso amigo o gato. Don gato todo o día pasaba horas arreglándose as uñas, peiteándose, lavándose, en fin poñéndose guapo para os seus amos, pensaba eu pero non, para quén se puña guapo o gato era para o gato -cómo??? preguntarédesme. Non entendemos ben, o gato se puña guapo para o gato? -pois sí, púñase guapo para si mesmo porque Don Gato era moi listo e dicía o primeiro que lle tes que gustar e "a ti, a ti mesmiño"  e levaba razón. Os seus amigos non daban crédito, como se podía ser tan presumido, mesmo parecía que o gato estaba namorado del mesmo, e non se equivocaban porque o gato se encantaba, gustábanlle as suas patas, os seus bigotes, os seus olliños, gustáballe todo del e esto notábase, e esto o transmitía a todos cos seus andares seguros e firmes. Nada o apartaba da idea de que se estás ben contigo mesmo o estarás cos demáis, e que se aceptas os teus "defectos" como virtudes, estes por arte de maxia desaparecen porque nun intre pa

Haiche días rosas

Hoxe é un día rosa, deses que marcan, deses nos que riscar unha cruz mesmo parece obrigado. Moitas mulleres están en loita, érguense, respiran e proseguen e esto o fano tódolos días, tódolos días, tódolos días.... Haiche días nos que gritas “confianza no mañá” no que as palmadiñas só valen para coller impulso e retomar a loita, inda con máis gañas e forza. Un día no que un lazo rosa vai máis alá do rosa e ata máis que lacea. Un lazo que conta a historia das que tiveron sorte, das que non tiraron a toalla, das que nunca se rinden e das que dan exemplo coa sua victoria. Pedimos máis empatía para a que o sofre, máis axudas para a que traballa dentro ou fora da casa, máis apoio para que loita soa…ou acompañada. Pedimos máis porse na pel doutro, máis sentir, máis querer estar cerca… Aproveitamos e tamén pedimos que os lazos veñan cargados de máis medios, de máis axuda o que investiga  e máis apoio para a que loita. Loitadoras, loitemos!!