Saltar ao contido principal

Extráñote

Como marcan as partidas, esas que ves vir e tentas asumir pero nunca encaixas de todo,


esas que crees un mal sono e convértense nun pesadelo.



Como doe a pérdida, o duelo, a tristeza de saber que non vou volver escoitar a túa voz,


sentir as túas pertas, as túas risas...



Que triste é aprender que todo empeza e acaba, que nacemos e irremediablemente morremos,


algúns tranquilos, outros coma ti, sen querelo.




Qué pena non vivir máis momentos, charlando, rindo, rindo a gargalladas 


e ás veces chorando.


Qué duro é asumir a túa falta!.


Hoxe síntome un pouco nena, teño ganas de sentar no teu regazo,


 de dicirche tódolos te quero que quedaron reservados,


tódolos te estimo que me esquecín, por non atopar momento.


Hoxe sei que non has de esperar a dicir: quérote!


que non has de deixar para máis tarde, unha perta ou bico.


Hoxe quero dicir: Vive, goza, saborea! 


porque a vida non regala momentos, véndeos o mellor postor.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba. As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?. Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas. Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet

O Carnaval do Bosque

Aqueles animais nunca souberon o que significaba disfrazarse, só coñecían os disfraces do camaleón e as artimañas da flor carnívora. Alí estaban os homes divertíndose e moitos disfrazábanse deles, a vaca non lle gustaba nadiña iso, ninguén mostraba a sua fermosura en grasas, aos cans tampouco gustaballes que fosen a duas patas, haberase visto. -Pero o carnaval é así, dixo o mono -Por qué non nos disfrazamos nós deles? Dixo o can -No, nin de broma que son feos. Enfadouse a vaca -Veña, da o mesmo, imos  rirnos un pouco. Dixo o mono moi ledo. Todos puxeron a maior ansia nelo. A vaca comprouse unha faixa, o camaleón un traxe, o can corbata, todos estaban estupendos disfrazados de humáns pero o que mellor ía vestido, era o mono, tanto que as veces, os páxaros asustábanse, os cervos bulían presurosos e os cans acercábanse a él, pensando que era o seu amo. Teríades que ver o mono que estirado andaba, moi orgulloso do seu estupendo disfraz, así que, non o pensou nin dous veces e decidiu baixar

O Gato boiño

Vouvos contar a historia do noso amigo o gato. Don gato todo o día pasaba horas arreglándose as uñas, peiteándose, lavándose, en fin poñéndose guapo para os seus amos, pensaba eu pero non, para quén se puña guapo o gato era para o gato -cómo??? preguntarédesme. Non entendemos ben, o gato se puña guapo para o gato? -pois sí, púñase guapo para si mesmo porque Don Gato era moi listo e dicía o primeiro que lle tes que gustar e "a ti, a ti mesmiño"  e levaba razón. Os seus amigos non daban crédito, como se podía ser tan presumido, mesmo parecía que o gato estaba namorado del mesmo, e non se equivocaban porque o gato se encantaba, gustábanlle as suas patas, os seus bigotes, os seus olliños, gustáballe todo del e esto notábase, e esto o transmitía a todos cos seus andares seguros e firmes. Nada o apartaba da idea de que se estás ben contigo mesmo o estarás cos demáis, e que se aceptas os teus "defectos" como virtudes, estes por arte de maxia desaparecen porque nun intre pa