Saltar ao contido principal

A Revolución das abellas

Estaba xa moi farta de escoitar "traballas como unha formiga", e eso sempre significaba que eras un bo traballador, previsor, metódico, eficaz, pero nunca escoitei a ninguén "traballas como unha abella", e as abellas traballamos moitísimo, somos ordenadas, eficaces, rápidas, sí dirás, como as formigas, pois case que mellor nós, xa que traballamos polos aires, coidamos da nosa terra. Elas as formigas fanse refuxios para vivir lonxe de todos, sen lugar a dubidas o seu traballo e moito máis sinxelo, e inda así reciben premios... repito, as abellas traballamos mellor e temos moitos máis riscos. Xa levaba un bo rato mentras voaba cara a colmea co run- run na cabeza, ían darlle un premio a todo o formigueiro do pobo e a colmea das abellas nada. Sempre pensara que as formigas tan estilosas e vestidas de negro resultaban máis coquetas que as abellas que coas suas cores rechamantes como que non encaixaban na función.

Era unha verdadera inxustiza, tódolos  anos o mesmo, a mesma cantinela, distintos premios, o mellor traballo, a eficiencia, o bo facer...todos para as formigas! e nós chinchadas sen levar nin unha palmadiña na espalda, en fin que non eramos ben invitadas a partición do pastel. Sempre pregunteime se realmente gañarían por méritos propios ou estarían enchufadas, ano tras ano, choque de máns, cuchicheos e risiñas, reparticións do bosque para elas...Facían carreteras de acceso o formigueiro e a nós, nin unha misera pista de aterrizaxe, facendo números para non caer o vacio ou chocar cunha compañeira, estaba craro que non eramos igual de importantes, como o chamades vos os humáns, ah xa recordo! eramos cidadáns de segunda, se algo temos as abellas e que nos queixamos ben pouco, quizás sea iso, quedamos caladiñas por non amolar, e isto non pode ser temos que cambiar.



Falando todas as abellas da colmea dímonos conta de que as formigas pouco aportaban a pequena aldea, robaban as cousas dos demáis, ían por libre sempre e eran tremendamente egoistas.Olvídate do conto de que as formigas son previsoras e gardan comida para o inverno, direivos a verdade, as formigas collen máis do que poden comer e ademáis elixen o mellor, espertade amiguiños collen o que é de todos, roubanos.

As abellas estábamos fartas, axudábamos a polinizar, e que sepas que esto é importantísimo na vida do planeta, que sí, que non é por botarnos frores, é unha gran verdade.

Non facíamos atascos, nen incordios para os demáis, traballabamos a mar de ben, sen protestar e moi contentas non collíamos nunca demáis, non eramos avariciosas e compartíamos cos humáns.


 ¿Por qué as formigas tiñan tanta sorte? ano tras ano, 


¿as mellores traballadoras?


Xa cheiraba, o enchufismo cada ano era máis patente e moito que ver tiña que dona Cigarra sendo presidenta da xuntanza o repartía todo. Chegamos a pensar que había algo máis que traballo polo medio, favores de dar por detrás coa raiña formiga, amiguismo, viaxes conxuntos, ceas e papancias cos alimentos de todos, unha desgracia, teño sospeitas de que o xurado está tamén comprado, o escarabello nunca me da unha razón convincente do recoñecemento as formigas, e o mosquito evade as miñas preguntas e non me colle o teléfono, será que na aldea estamos gobernados por xente corrupta, estou atando fios.


Todas as abellas estamos de acordo, non consentiremos que este ano gañen os que non deben, falamos tódalas abellas que somos moitas na colmea, tan caladiñas, sempre falando con zumbidos para non amolar,  xa sei que elas, as formigas son moitas máis ¿eh qué? imos gañar seguro porque nas máns temos o bo traballo, a razón está da nosa parte, non somos egoístas e traballamos mellor que ninguén e sobre todo pensamos no ben común por encima do de un mesmo, e desto as formigas pouco entenden.

Fixemos un escrito e recollimos firmas pola aldea, este ano o concurso debería ser por votación popular, nada de dar o premio os de sempre, aquí habería votación e sería toda a aldea a que decidise se quería que gañasen novamente as formigas ou ben nós.

Non sei que pensaredes pero eu o teño crarísimo que se alguén merecía o premio eramos nós, as abellas, a colmea tería o seu recoñecemento e nada ten que ver esto co pastel.



Fumos falar con doña Cigarra e como sabía que tiña que aceptar, puso a mellor cara e dixo que adiante que deixaba a elección nas máns do pobo que era o xusto. Qué marabilla!! o conseguíramos. Íase facer xustiza, gañaría quen o merecese.

E foi a votación e todos estabamos espectantes, as formigas pensaban, tolas delas que ían gañar. Nós sabíamos de sobra que seríamos nós.

Cigarra colleu o sobre coa resolución de tódolos animais e dixo: " por votación popular as gañadoras deste ano son..." e ¿quén creedes vos que gañou?

Pois case acertades, este ano gañaron as formigas voadoras, familia das formigas, inda que esto non o dixeron, fixeron un mellor programa e se gañaron o cariño do público, qué si so collemos o necesario porque non podemos coller máis, que si non nos parecemos en nada as abellas, que si somos máis eficientes cas formigas....

Isto ensinounos unha gran lección as abellas, de nada vale pensar algo, se non o demostras porque por moito que sexas gañador hai que demostrar ata o último segundo que es o millor.

Nos confiamos demáis, dando todo por feito o próximo ano non nos relaxaremos e conseguiremos o premio, ese será o noso reto.

Comentarios

  1. Well I guess I don't have to spend the weekend firgiung this one out!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Boda na Selva

Había unha festa no bosque, todos foron convidados, todos, excepto o León que ao decatarse moi enfadado e cheo de ira marchouse moi lonxe, sentiuse a ovella negra do bosque.
Os animais non querían contar coa sua presenza na festa, o león era un pouco problemático sempre o quería todo para él, de cando en cando compartía algo pero rara vez, por non falar do seu carácter, gruñón e enfadadizo, asustaba a todos cos seus berros e mal xenio. Quen querería a alguén así nunha festa? A verdade os animais estiveron de acordo en apartalo da celebración, non querían que ninguén estragase este momento feliz, ademais o león adoitaba estar só e seguro que non lle importaría, iso pensaron eles, porque ao león afectáralle moitísimo, él non se daba conta de que o seu comportamento non gustaba e sempre os sentira como amigos, pero que amigo non conta contigo para unha celebración?.
Ninguén se decatou da sua partida, Don León era desas persoas que fan pouco ruído cando están ao teu carón. É certo que algun…

A Oca que non quería crecer

Tras os pasos da súa nai andaba todo o día o poliño de oca, se a nai oca ía arriba, él ía arriba e se baixaba, pois él tamén baixaba. A mamá oca o principio cando era un pequeno agradecía telo pretiño, tiña moitas cousas que ensiñarlle e inda non estaba preparado para bulir soiño polo campo, pero os días pasaban, os meses botábanse enriba e o poliño cada vez máis grande seguía pegadiño a sua nai, graznando todo o día "que si mamá esto, que si mamá aqueloutro", por non falar do medo que tiña a todo o que lle rodeaba, que se acercaba un pato, pois presuroso metíase baixo a ala de mamá oca, que viña a galiña pois correndo outra vez a esconderse.

A nai do poliño estaba desesperada, non había forma de que poliño fixese as cousas soiño, xa era ben maior e seguía insistindo en ser pequeno, o que lle pasaba a poliño era que non quería crecer, digocho eu que ía ser iso pero día que pasaba, máis grande se facía e esconderse na ala da nai cada vez resultaba máis complicado, inda que a é…

A Tartaruga que o sabía todo

Tortuguín era a máis lista coas teclas, facía todo tipo de aplicacións para viaxes, o seu ordenador era por dícilo así, unha parte xa do seu corpo. Pasaba horas enredando cos códigos pero Tortuguín a parte de lista, era moi sabia e sabía que as máquinas non deben mandar en nós e cando pasaba xa moito tempo diante dela, apartaba a máquina e buscaba como unha tola a xente, estás por suposto tiñan o calor que Tortuguín precisaba.
As máquinas están ben, dicíalle os seus amigos, fan cousas por nós, axúdanos no traballo, facilitan os nosos días pero non te miran os ollos e non preguntan qué tal estás e que son máquinas, xa sabedes, non?.
Notaba que algúns dos seus amigos non sabían programar horarios, nin eran verdaderamente felices, parecíanse a algúns humáns, así que, decidiu contarlles a historia de don Pulga, un ilustre programador que morreu por obsesionarse tocando tanto as teclas.



Todos quedaron coa boca aberta, a todos lles encantaba xogar coas maquiniñas, no caso de Mapache a tablet c…